=> Error en consulta : Duplicate entry '3900831' for key 1


INSERT INTO sph_indexaciones (idaplicacion,idtipopantalla,idconcepto,navegador, ip,parametros,sph_idioma,sph_proyecto,sph_usuario,sph_grupo,fecha) VALUES ('1362','4','0','browser_name=, version_number=1.0, ie_version=, dom_browser=, safe_browser=, os=, os_number=, s_browser=ccbot, type=bot, math_version_number=1.0', '38.107.191.85','sph=a_iap=1362%%p_rpp=1%%s_idm=2','0','0','0','0','2010-09-05 02:26:10');
Porto de Vigo (Política Preventiva)

Política Preventiva da Autoridade Portuaria de Vigo

 


 


De acordo co art. 5 da Lei 31/1995, do 8 de novembro de prevención de riscos laborais, "a política en materia de prevención terá por obxecto a promoción da mellora das condicións de traballo dirixida a elevar o nivel de protección da seguridade e a saúde dos traballadores no traballo".

A presidencia e a dirección da Autoridade Portuaria de Vigo consideran prioritaria a seguridade e a saúde dos seus traballadores e son conscientes do grande impacto social que teñen as actividades portuarias. As persoas constitúen o valor máis importante que garante o noso futuro e por iso deben estar cualificadas e identificadas cos obxectivos da nosa organización e as súas opinións son consideradas.

Dende o pleno coñecemento da súa responsabilidade na protección da saúde dos traballadores e o ámbito no que se desenvolven as actividades portuarias, e sen esquecer o compromiso e a necesidade de ofrecer uns servizos competitivos e axeitados aos seus clientes, a Autoridade Portuaria de Vigo, unha vez aceptada a súa política preventiva, busca a forma de involucrarse plena e activamente buscando o xeito óptimo de:

 


  • Planificar a prevención de riscos logrando un conxunto coherente que integre a técnica, a organización, as relacións sociais, a influencia dos factores ambientais e todo o relativo ás condicións de traballo, evitando os riscos e avaliando aqueles que non se puideran eliminar.

     

  • Integrar a prevención de riscos no conxunto de políticas da empresa, de tal forma que os directivos, técnicos, mandos e traballadores asuman as responsabilidades que teñan na materia, entendendo que o traballo, para realizalo correctamente, debe facerse con seguridade.

     

  • Determinar as medidas preventivas que se efectuarán intentando actuar sobre a orixe dos riscos e, no seu caso, antepoñendo a protección colectiva á individual e considerando os riscos adicionais que puidesen implicar.

     

  • Elixir os equipos e os métodos de traballo, tratando de atenuar o traballo monótono e repetitivo e reducir os seus efectos na saúde dos traballadores.

     

  • Facilitar unha axeitada formación e sensibilización do persoal propio que favoreza o desenvolvemento da presente política. Os traballadores terán dereito a participar, nos termos previstos na Lei de prevención de riscos laborais, no deseño, a adopción e o cumprimento das medidas preventivas.

 

Estes principios, que serán divulgados a toda a organización, servirán de guía para a determinación dos obxectivos que con carácter anual se establezan.

 

Así, sempre co firme propósito de cumprir coas responsabilidades para cos seus traballadores e a sociedade, a Autoridade Portuaria de Vigo subscribe e acata a normativa que se impón coa Lei 31/1995 do 8 de novembro de Prevención de riscos laborais, as súas modificacións posteriores e os regulamentos que a desenvolven, así como toda a normativa legal que sexa de aplicación e todos aqueles outros requisitos cá Autoridade Portuaria de Vigo suscriba en materia de prevención de risgos laborais.

Desta forma, a Autoridade Portuaria de Vigo e cada un dos seus empregados coñecen e apoian esta política preventiva, vense comprometidos con ela e conciéncianse da necesidade de prevención e de utilización dos equipos e medios de prevención.

Esta política será feita pública, explicada e asumida por todos os integrantes da Autoridade Portuaria de Vigo, e actualizada a través dun proceso de mellora continua.

Vigo, setembro de 2009 
 

 

A Presidenta                                                                      O Director

 

  Asdo. Corina Porro Martínez                                                       Asdo. Luis Lara Rubido                      

 

 

© Autoridade Portuaria de Vigo :: Praza da Estrela, 1, 36201, Vigo :: Tfno. +34 986 268 000 :: Fax +34 986 268 001 :: apvigo@apvigo.es